No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, de inspiración celto-cristiá, que considera como “arte suprema”. E velaí a inspiración para o borrador da Doutrina do Sancto Graal, reivindicación do seu simbolismo: o cáliz, a estrela, o corno, os montes sacros de Galicia…, desde un realismo máxico que lle porá aura á creatividade daquel tempo.
Felipe-Senén López Gómez achéganos nesta edición un pormenorizado estudo, transcrición e notas, ao redor dos textos dun Risco impregnado do panceltismo que floreceu na Galicia de finais do século XIX e inicios do XX.