Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro científico arredor da súa obra co título Simposio Martín Sarmiento. De historia natural e de todo xénero de erudición. Neste volume ofrécense as contribucións dos especialistas que participaron nese simposio.