Os contidos dos textos de Tobío que aquí se publican apenas precisan de explicación ou contextualización histórica. Son escritos breves que veñen moi ao caso para o centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), porque, para un lector actual, estas páxinas son unha excelente introdución ao que foi o labor do SEG, o seu estilo de traballo, o seu compromiso e as súas limitacións.