RUBIO HERRERO, ANTONIO; RUBIO, ANTONIO
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenos e nenas
de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñaron especialmente
estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado
para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada
na busca dun ritmo de lectura que axude a “educar o ollo e adozar
o oído” do pequeno lector, explica o poeta Antonio Rubio.