"Lúa Máxica, de Xoán Neira e Lucía Barrios, integra versos de deseños en mutuo diálogo plástico-literario. O cromatismo nocturno resólveo a artista con cores frías, suaves, apagadas: violetas, azuis, grises..., mentres que as horas solares aparecen representadas con cores amarelas, intensas e vivas. Adáptanse ao texto sen por iso perder carimbo e identidade propias. Son, en suma, dúas achegas independentes integradas nunha unidade harmónica".