PELAYO, ISABEL; GUTIÉRREZ, XULIO; MARTÍNEZ, PILAR; HERAS, CHEMA
“Quen son? Crías de animais” é unha colección para inspirar a curiosidade pola fauna e o coidado da natureza dende as primeiras idades. Con textos sinxelos e cientificamente rigorosos acompañados de tenras e suxestivas
ilustracións, cada título permite coñecer sete crías dun continente. A información sobre cada animal comeza cun xogo que busca a interacción coas lectoras e lectores.
Este novo título sobre as terras polares súmase aos anteriores dedicados á fauna de Europa, África, América, Australia e Asia e completa unha colección ideal para coñecer no seu lugar de orixe as máis de 40 especies descritas nos diferentes volumes.