Rosalía de Castro en familia, no seu fogar. De primeiras, nai, pai, parella, fillas e fillo. Unha Rosalía revelada, inmensa. Ollamos para Ela desde a convicción da súa certeza, da súa palabra e do seu cantar. A orixinalidade deste libro —unha edición ao coidado de Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo— áchase na reflexión sobre a súa vida coa que Méndez Ferrín nos agasalla. Desde o nacemento ata o pasamento. Unha Rosalía familiar, unha muller engaiolante e inconfundíbel.