A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up.áUn domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste librodevorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunhaque outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.O paso do tempo, o grande e o pequeno, os días da semana, os números,os nomes dos alimentos ou o proceso natural da metamorfose sonelementos presentes neste álbum maxistralmente construído e ilustradocoa técnica da colaxe.áEste clásico imprescindible de Eric Carle, traducido a máis de sesenta idiomas e do que se venderon máis de cincuenta millóns de copias,incorpórase agora ao catálogo de Kalandraka nunha nunha nova ediciónen formato despregable que sen dúbida sorprenderá os lectores electoras máis pequenos.