VELLIÑAS

VELLIÑAS

Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia
Álbum ilustrado
ISBN:
978-84-9871-704-4
Páginas:
48
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
COLECCIÓN O
Compartir en:
14,90 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta Consigue 0,45 Puntos

Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo; aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas; pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía.
Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura.

Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é coma unha árbore milenaria; o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día.
Velliñas é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo.

A ilustradora, Fátima Alonso, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda.
Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.

Otros libros del autor