O ur-fascismo aínda está ao noso arredor, disfrazado de paisano. O ur-fascismo pode volver baixo a presenza máis inocente. O noso deber é desenmascaralo e sinalalo baixo cada unha das súas novas formas, cada día, en cada parte do mundo. Cedo a palabra a Roosvelt: “Atrévome a dicir que se a democracia deixase de progresar como unha forza viva, intentando, día e noite con medios pacíficos, mellorar as condicións dos nosos cidadáns, a forza do fascismo medrará no noso país.
Liberdade e liberación son unha tarefa que nunca acaba. Que sexa o noso lema: “Non esquezades”.