Por fin en galego a obra mestra de Umberto Eco. A novela detectivesca medieval que engaiola lectores desde o 1980. Guillerme de Baskerville e Adso falan coma nós nesta marabillosa aventura sobre libros, crimes e as marabillas da Europa medieval.
Corre o mes de novembro do 1327. Dous viaxeiros chegan á máis famosa abadía beneditina do norte de Italia no medio de grandes conflitos entre o Sacro Imperio e o Papado de Avignon. O monxe detective Guillerme de Baskerville e o novizo Adso de Melk deben enfrontar unha vaga de mortes violentas entre os monxes da congregación.